ACORDO do 14 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto Cobre San Rafael, nos concellos de Touro, O Pino e Arzúa (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.

Compartir
Actualizado o: 22 novembro 2024

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 25/11/2024 - 09/01/2025

 As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Minas deste Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015

Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.