Acordo do 10 de decembro de 2021 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto do parque eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (A Coruña), (exp. IN408A 2018/26).

Compartir
Actualizado o: 03 febreiro 2022

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 21/12/2021 - 03/02/2022

As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015

Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.