ACORDO do 11 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico San Cosmeiro, nos concellos de Outes e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2019/024).
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta : 11/08/2022 - 22/09/2022
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Proxecto de Execución (maio 2022-visado 07/06/22)
- Plano Xeral do parque eòlico
- Plano xeral + planos individuais das fincas afectadas polo parque eólico
- Proxecto de Interese Autonómico (maio 2022-visado 02/06/2022)
- Estudo de Impacto Ambiental (maio 2022-asinado 06/06/2022)
Anuncios no DOG
- ACORDO do 11 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico San Cosmeiro, nos concellos de Outes e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2019/024).