Acordo do 8 de agosto de 2022 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que isto implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova – SET Santiago de Compostela, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), (exp. IN408A 2020/166).
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta : 23/08/2022 - 03/10/2022
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Proxecto de Execución (decembro 2021-visado 16/12/21)
- Plano Xeral do proxecto do Parque Eólico
- Planos individuais das fincas afectadas polo proxecto
- Proxecto de interese autonómico (PIA) (decembro 2021-visado 16/12/21)
Anuncios no DOG
- ACORDO do 8 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova-SET Santiago de Compostela, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña) (expediente IN408A 2020/166).