ACORDO do 25 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Vilartoxo (anteriormente nomeado solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo) no concello da Baña (A Coruña) (expediente IN408A 2020/158).

Compartir
Actualizado o: 03 novembro 2023

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 20/09/2023 - 03/11/2023

  As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.