ACORDO do 20 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto Solución de evacuación conxunta dos PPEE Legre e Solpor, nos concellos de Mesía, Ordes e Abegondo (A Coruña) (expediente IN408A 2020/124).
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 24/01/2024 - 05/03/2024
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- O proxecto de execución da solución de evacuación conxunta dos PPEE Legre e Solpor (visado 24.8.2023).
- Plano xeral do proxecto da instalación.
- Memoria xustificativa da declaración de utilidade pública e urxente ocupación
- Planos individuais dos predios afectados polo proxecto da instalación.
- O estudo de impacto ambiental (EIA) da solución de evacuación conxunta dos PPEE Legre e Solpor (asdo. 16.8.2023).