Proxecto GAMA de produción de fibra téxtil a base de celulosa

Compartir
Actualizado o: 17 abril 2024

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 05/03/2024 - 17/04/2024

Anuncio do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, promovido por Greenfiber, S.L. e declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2022, que se vai implantar no concello de Palas de Rei.