- Inicio
- Áreas
- Industria
-
Seguridade industrial
- Proxectos Industriais Estratéxicos (PIE)
- Iniciativa estratéxica de aeroespazo, seguridade e defensa 2025-2030
- Rede de viveiros industriais
- Seguridade industrial
- Propiedade industrial
- Tarxetas de Inspección Técnica
- Carnés ou habilitacións profesionais
- Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
- Gasolineiras con servizo de retirada en efectivo
- Empresas autorizadas
-
Industria
- Proxectos Industriais Estratéxicos (PIE)
- Iniciativa estratéxica de aeroespazo, seguridade e defensa 2025-2030
- Rede de viveiros industriais
- Seguridade industrial
- Propiedade industrial
- Tarxetas de Inspección Técnica
- Carnés ou habilitacións profesionais
- Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
- Gasolineiras con servizo de retirada en efectivo
Empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial - como obter unha declaración responsable
Os cambios no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, etc.) incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos).
Con carácter xeral, a figura da empresa autorizada desaparece e é substituída pola figura da declaración responsable, salvo para as especialidades seguintes:
- Empresas instaladoras de fontanaría.
- Documento de cualificación empresarial (DCE) no sector da construción.
- Documento de cualificación empresarial (DCE) nos sectores da madeira e a cortiza.
Para estas tres especialidades, a autorización desaparece e non é substituída por outro documento, é dicir, desaparecen completamente as empresas instaladoras de fontanaría, o DCE de construción e o DCE de madeira e cortiza. Para as especialidades restantes, a autorización é substituída pola declaración responsable. As empresas que xa estaban autorizadas en especialidades que non desaparecen deben no momento que caduque a súa autorización presentar a declaración responsable.
A declaración responsable é un documento no que a empresa declara, baixo a súa responsabilidade, que cumpre todos os requisitos materiais e humanos que establece o regulamento correspondente. Preséntase de maneira telemática (obrigatorio dende o 1 de xaneiro de 2012) a través da Oficina Virtual de Industria.
Documentos relacionados
- Información sobre a declaración responsable (galego)
- Información sobre a declaración responsable (castelán)