Organismos de control (OCAs) para a seguridade industrial
Os organismos de control son aquelas persoas físicas ou xurídicas que, tendo capacidade de obrar e dispoñendo dos medios técnicos, materiais e humanos e da imparcialidade e independencia necesarias, poden verificar o cumprimento das condicións e requisitos de seguridade establecidos nos regulamentos de seguridade para os produtos e instalacións.
Quen desexe exercer a súa actividade como organismo de control precisará de acreditación previa por unha entidade nacional de acreditación.
Quen tendo obtido a súa acreditación, desexe exercer a súa actividade como organismo de control deberá presentar previamente unha declaración responsable ante a autoridade competente en materia de industria da Comunidade Autónoma onde o organismo de control acceda á actividade. Mediante a devandita declaración responsable deberá manifestar as actividades que pretende desenvolver e que para facelo cumpre cos pertinentes requisitos esixidos e posúe a documentación que así o demostra.
O órgano competente da Administración Pública que reciba a declaración responsable dun organismo de control inscribirao no Rexistro Integrado Industrial.
A declaración responsable, desde o momento da súa presentación, habilita ao organismo de control para actuar en todo o ámbito do Estado e por tempo indefinido.
Nos documentos que seguen vostede pode consultar a normativa que regula as actuacións dos organismos de control en Galicia. Así mesmo, engádese unha ligazón ao Rexistro Integrado Industrial para que poida consultar a relación dos organismos de control habilitados para actuar no Estado, nos diferentes campos regulamentarios para os que están acreditados.
Ligazóns relacionadas
Normativas relacionadas
- Real Decreto 2200/1995, de 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial
- Real Decreto 1072/2015, de 27 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 2200/1995, de 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial
- Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia
- Corrección de erros.-Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia