Portada > > Características
PLATAFORMA EÓLICA MARIÑA

Principais características

Compartir

A plataforma experimental, a 10 quilómetros da costa, permite evacuar a enerxía producida no parque a través da subestación eléctrica do polígono industrial de Sabón (Arteixo), favorecendo así a súa interconexión a terra.

Atópase nun fondo mariño areoso, tanto dentro da poligonal da área experimental como no corredor para a liña de evacuación eléctrica, favorecendo as ancoraxes, as conexións eléctricas e o percorrido do cable de evacuación.

Contará cunha infraestrutura en terra destinada a albergar os posibles traballos técnicos de oficina, almacén, taller, zona de reunións, etc.

Respecta as actividades económicas tradicionais e sustentables que se realizan na súa contorna, como a pesca.

 

ENTIDADES PROMOTORAS

  • Xunta de Galicia
  • Autoridade Portuaria da Coruña
  • Rede Eléctrica de España
  • Outros socios tecnolóxicos e empresariais

 

OBXECTIVOS

  • Potenciación da tecnoloxía eólica mariña flotante en Galicia
  • Xeración e divulgación de coñecemento sobre as enerxías mariñas
  • Elaboración de estudos sobre o medio mariño e a biodiversidade
  • Atracción de empresas referentes no sector
  • Creación de novas oportunidades empresariais e laborais na industria galega
  • Desenvolvemento dun ecosistema de innovación en torno á eólica mariña

 

FINANCIAMENTO

  • 12M €
  • Captación de fondos europeos

 

LOCALIZACIÓN

Ubicación

 

A zona experimental de eólica offshore está situada no océano Atlántico, a 10 quilómetros da costa fronte ao Porto Exterior da Coruña.