Portada > > Observatorio
PLATAFORMA EÓLICA MARIÑA

Observatorio da enerxía eólica mariña de Galicia

Compartir

O seu principal obxectivo é o de servir de foro de diálogo, encontro e análise para a procura da coexistencia e compatibilidade do potencial desenvolvemento da eólica mariña en Galicia con todas as actividades existentes, con especial atención ás actividades marítimo-pesqueiras.

Ademais, búscase xerar coñecemento sobre as tecnoloxías renovables mariñas, identificando oportunidades de desenvolvemento de actividades industriais relacionadas con elas e identificando necesidades de elaboración de estudos de interese, sempre coa premisa do respecto por todas as actividades que se desenvolven no mar.

E, entre as súas funcións estará a de:

  • Promover foros técnicos de coñecemento para a análise das compatibilidades e dos usos do espazo marítimo.
  • Crear un espazo de información entre as administracións públicas e os sectores económicos sobre cuestións regulamentarias, normativas ou de planificación, tanto do espazo marítimo como de infraestruturas.
  • Elaborar estudos sobre oportunidades, impacto e potencial industrial en Galicia.

O Observatorio está composto pola Administración Autonómica (con representantes da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, da Consellería do Mar e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia), polo sector pesqueiro (con representantes das Federacións de Confrarías de Pescadores e do Consello Galego de Pesca) e polo sector industrial (con representantes da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia - Asime). O Instituto Enerxético de Galicia coordina a secretaría técnica.

Para o desenvolvemento da actividade técnica do Observatorio de Eólica Mariña de Galicia, apróbase, por parte dos seus integrantes, na reunión da súa presentación o 9 de xuño de 2021, a creación e inicio da actividade do seguintes tres grupos de traballo, para os que se detallan os seus obxectivos a continuación:

  • Análise Normativa e Planificación
  • Tecnoloxía e Innovación
  • Impacto Social

CONTACTO

Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
Correo electrónico: inega.info@xunta.gal
Teléfono: 981541500