METODOLOXÍA DO MAPA INDUSTRIAL
Introdución
As descricións que seguen serven para explicar a metodoloxía empregada no Mapa Industrial de Galicia, nas súas seccións denominadas "Visión xeral", "Especialización" e "Densidade".
Estruturación da industria
O mapa estrutura a industria en sectores e subsectores. Estes e a súa correspondencia cos códigos CNAE de dous díxitos expóñense na táboa seguinte:
Sector |
Subsector |
CNAE 2D |
Alimentario |
Alimentación |
10 |
Bebidas |
11 |
|
Automoción |
Vehículos de motor, remolques e compoñentes |
29 |
Metalmecánico e bens de equipo |
||
Fabricación de maquinaria e equipos |
28 |
|
Fabricación de material e equipo eléctrico |
27 |
|
Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos |
26 |
|
Metalurxia e produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes |
24 |
|
Tratamento e fabricación de produtos e estruturas metálicas |
25 |
|
Electricidade e enerxía |
Produción e subministración enerxética, gas, vapor e aire acondicionado |
35 |
Extracción e fabricación de produtos minerais non metálicos |
Actividades auxiliares das industrias extractivas |
09 |
Extracción de antracita, hulla e lignito |
05 |
|
Extracción de petróleo e gas |
06 |
|
Extracción de minerais metálicos |
07 |
|
Extracción de pedra, lousa, area e outros minerais |
08 |
|
Fabricación de vidro, cerámica, formigón e outros minerais non metálicos |
23 |
|
Madeira e mobles |
Fabricación de mobles |
31 |
Industria da madeira e a cortiza, agás mobles |
16 |
|
Industria do papel |
17 |
|
Construción e reparación naval e outro material de transporte |
Naval, ferroviario, aeronáutico e outros |
30 |
Reparación e instalación de maquinaria e equipo naval, aeronáutico e outros |
33 |
|
Outras industrias |
Artes gráficas e reprodución de soportes gravados |
18 |
Coquerías e refino de petróleo |
19 |
|
Industrias manufactureiras diversas |
32 |
|
Produtos químicos e derivados |
Fabricación de produtos de caucho e plásticos |
22 |
Fabricación de produtos farmacéuticos |
21 |
|
Industria química |
20 |
|
Téxtil e confección |
Coiro e calzado |
15 |
Confección e peletaría |
14 |
|
Fabricación téxtil |
13 |
|
Subministración de auga, xestión de residuos e descontaminación |
Captación e distribución de auga |
36 |
Recollida e tratamento de augas residuais |
37 |
|
Xestión e valorización de residuos |
38 |
|
Actividades de descontaminación |
39 |
|
Loxística |
Loxística |
49, 50, 51, 52 |
TIC |
TIC |
61, 62, 63 |
Os códigos CNAE correspóndense coa Clasificación Nacional de Actividades Económicas, tal e como aparece recollida polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Estruturación do territorio
O mapa toma o concello como unidade territorial básica. A lista de concellos empregada é a mesma que utiliza o Instituto Galego de Estatística nas súas bases de datos; máis en concreto, a do Selector 589: Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro, que achega os concellos galegos existentes por ano.
Fontes de datos empregadas
Ademais das xa citadas para a lista de códigos CNAE (véxase o apartado de “Estruturación da industria”) e para a lista dos concellos galegos (véxase o apartado de “Estruturación do territorio”), as fontes de datos empregadas son as seguintes:
- Códigos de Conta de Cotización e Afiliados - Réxime - CNAE 2D, elaborada pola Seguridade Social (SS). Esta fonte contabiliza o número de contas de cotización, o que serve para estimar o número de empresas localizadas en cada concello, así como o número de persoas afiliadas, por mes, provincia, municipio, código CNAE de dous díxitos relativo á actividade desempeñada, e tipo de réxime de cotización (xeral, agrario, mar, fogar, autónomos e carbón). Aínda que se trata dunha fonte extraordinariamente precisa, cómpre ter en conta que, por mor da preservación do segredo estatístico, nas instancias onde o número de afiliacións é menor de 5, esta fonte se limita a indicar “<5”, de tal xeito que o valor real permanece oculto; óptase no mapa por substituír ese “<5” por 3, seguindo un criterio de estimación media. Escóllese a versión máis actual dispoñible (o mes máis actual) e selecciónanse os datos correspondentes cos concellos galegos e os códigos CNAE considerados industriais. Desta fonte obtéñense os datos relativos ao número de persoas e empresas rexistradas en actividades industriais.
- Selector 6346: Afiliacións á Seguridade Social último día do mes segundo réximes e ramas da CNAE 2009, elaborada polo IGE. Esta fonte contabiliza o número de afiliacións á Seguridade Social, estruturándoas por CNAE de dous díxitos, mes, réxime de afiliación e provincia. Desta fonte obtense o dato de afiliación global en Galicia e por actividades industriais.
- Selector 589: Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro, elaborada polo IGE. Esta fonte reconta o número de persoas no padrón municipal por ano e concello en Galicia. Escóllese o ano máis recente. Desta fonte obtéñense os datos relativos á poboación.
Pantallas
O mapa estrutúrase en tres pantallas: Visión xeral, Especialización e Densidade. Explícanse nos apartados seguintes.
Visión xeral
O propósito desta pantalla é o de proporcionar información xeral do estado da industria en Galicia. Conta cos seguintes elementos:
- Selector de sectores e subsectores (parte esquerda): trátase dun menú onde é posible filtrar a información por sector ou subsector industrial, seguindo a estrutura explicada no apartado de “Estruturación da industria”.
- Mapa de concentración de persoas traballadoras no ámbito industrial (parte central): este mapa amosa, cun código de cores, os concellos galegos organizados segundo o grao de concentración de persoas traballadoras no ámbito industrial; este grao de concentración expresa a proporción de persoas traballadoras rexistradas nun concello determinado respecto do total en Galicia. Á súa vez, o código de cores explícase do xeito seguinte: no azul máis intenso aparecen os concellos que abranguen o 70 % das persoas traballadoras en actividades industriais rexistradas en Galicia; en azul celeste, os concellos que acumulan entre o 70 % e o 85 %; en azul claro, os que teñen entre o 85 % e o 95 %; e en azul máis claro, o resto (estas porcentaxes están elixidas deste xeito para facilitar a comprensión visual do mapa e a dispersión territorial das persoas traballadoras en actividades industriais; en concreto, a cifra do 70 % responde á vontade de abarcar a zona coa maior taxa de concentración de persoas traballadoras no ámbito industrial, que, no momento de redactarse estas liñas, se corresponde coa área de Vigo). Ademais, ao colocar o cursor enriba, o mapa amosa información específica do concello elixido: número de empresas industriais e número de persoas traballando en actividades industriais.
- Datos relevantes (parte dereita): trátase dun conxunto de indicadores e táboas que complementan a información central:
- Indicador “N.º de persoas traballadoras”: número de persoas traballadoras en actividades industriais en Galicia.
- Indicador “N.º de empresas”: número de empresas industriais en Galicia partindo dos datos de contas de cotización.
- Indicador “Tamaño medio (N.º p. trab. / N.º empr.)”: tamaño medio das empresas industriais, expresado polo cociente entre o número de persoas traballadoras en actividades industriais e o número de empresas industriais.
- Táboa “Top 10 concellos por n.º persoas traball.”: lista dos dez concellos galegos co maior número de persoas rexistradas en actividades industriais.
- Táboa “Top 10 concellos por n.º de empresas”: lista dos dez concellos galegos co maior número de empresas asignadas a actividades industriais.
Especialización
O propósito desta pantalla é amosar a situación da industria en Galicia dende a perspectiva da especialización industrial, que se concibe como a relación entre o número de persoas traballadoras adscritas a actividades industriais e o número total de persoas traballadoras. Conta cos seguintes elementos:
- Datos relevantes (parte esquerda): trátase de indicadores e gráficas que complementan a información da parte central:
- Indicador “N.º traballadores industriais / Total traballadores Galicia”: indica a proporción de persoas traballadoras asignadas a actividades industriais respecto do total de persoas traballadoras en Galicia, expresada como unha porcentaxe.
- Gráfica “Especialización industrial por provincia”: amosa, a través de barras horizontais, a porcentaxe de persoas traballadoras asignadas a actividades industriais respecto do total de persoas traballadoras na provincia correspondente.
- Gráfica “Top 15 concellos por especialización industrial”: mostra, a través de barras horizontais, os 15 concellos galegos cunha maior proporción de persoas traballadoras asignadas a actividades industriais respecto do total de persoas traballadoras no concello correspondente.
- Mapa de especialización industrial por concello (parte central): este mapa amosa, cun código de cores, os concellos galegos organizados segundo o grao de especialización industrial, entendida como a proporción de persoas traballadoras asignadas a actividades industriais respecto do total de persoas traballadoras no concello correspondente. O código de cores responde á seguinte organización: en azul máis claro están os concellos con porcentaxes de especialización de entre 0 % e 7 %; en azul claro, os concellos con porcentaxes entre o 7 % e a media galega; en azul celeste, os concellos con porcentaxes entre a media galega e o 28 %; e en azul escuro, os concellos con porcentaxes superiores ao 28 % (estes intervalos fíxanse tomando como referencia o grao de especialización media no conxunto de Galicia, de tal xeito que poderán ser modificados para adaptalos á súa evolución). Ademais, ao colocar o cursor enriba, o mapa ofrece o nome do concello elixido e, ao premer, aparece a información relacionada con el na parte contextual (explicada a continuación).
- Datos contextuais (parte dereita): trátase de varios elementos cos que se achega información contextual, dependente do concello elixido na parte central:
- Recadro de procura “Buscar concello”: trátase dun método alternativo para seleccionar un concello introducindo o topónimo correspondente no recadro.
- Indicadores contextuais:
- Indicador “Especialización industrial”: amosa a porcentaxe de persoas traballadoras asignadas a actividades industriais respecto do total de traballadores no concello seleccionado.
- Indicador “Persoas traballadoras ámbito industrial”: sinala o número de persoas traballadoras asignadas a actividades industriais no concello seleccionado.
- Indicador “Tamaño medio industria local”: ofrece o número medio de persoas traballadoras por empresa industrial no concello seleccionado.
- Táboa contextual: indica o número de persoas traballadoras asignadas por sector industrial no concello seleccionado (se non hai ningún concello seleccionado, amosa o número total en Galicia de persoas traballadoras por sector industrial).
Densidade
O propósito desta pantalla é describir a situación da industria en Galicia dende o punto de vista da densidade industrial, que se define como a relación entre o número de empresas industriais e o volume de poboación. Conta cos seguintes elementos:
- Datos relevantes (parte esquerda): trátase de indicadores e gráficas que complementan a información da parte central:
- Indicador “N.º empresas industriais / 1.000 habitantes en Galicia”: indica o número de empresas rexistradas en actividades industriais por cada 1.000 habitantes en Galicia.
- Gráfica “N.º empresas industriais / 1.000 habitantes por provincia”: expresa, a través de barras horizontais, o número de empresas rexistradas en actividades industriais por cada 1.000 habitantes en cada unha das provincias galegas.
- Gráfica “Top concellos por densidade industrial”: expresa, a través de barras horizontais, o número de empresas rexistradas en actividades industriais por cada 1.000 habitantes nos 10 concellos galegos cos índices de densidade industrial máis altos.
- Mapa da densidade industrial por concello: este mapa mostra, mediante un código de cores, os concellos galegos organizados segundo o grao de densidade industrial que presentan, entendida como o número de empresas rexistradas en actividades industriais por cada 1.000 habitantes no concello correspondente. O código de cores responde ao seguinte deseño: en azul máis claro están os concellos cunha densidade de entre 0 e 1 empresas industriais por cada 1.000 habitantes; en azul claro, os concellos cunha densidade entre 1 e a media galega; en azul celeste, os concellos cunha densidade entre a media galega e 5; e en azul escuro, os concellos cunha densidade maior de 5 (estes intervalos fíxanse tomando como referencia a densidade media en Galicia, de tal xeito que poderán ser modificados para adaptalos á súa evolución). Ademais, ao colocar o cursor enriba, o mapa amosa o nome do concello elixido e, ao premer, na parte dereita (explicada a continuación), aparece a información contextual correspondente a este.
- Datos contextuais (parte dereita): trátase de varios elementos cos que se achega información contextual, dependente do concello elixido na parte central:
- Recadro de procura “Buscar concello”: trátase dun método alternativo para seleccionar un concello introducindo o topónimo correspondente no recadro.
- Indicadores contextuais:
- “Densidade industrial”: indica a densidade industrial do concello seleccionado, expresada como o número de empresas industriais por cada 1.000 habitantes.
- “Poboación”: ofrece o volume de poboación do concello seleccionado, expresado como o número de habitantes.
- “Número de empresas industriais”: indica o número de empresas industriais do concello seleccionado.
- Táboa contextual de sectores: sinala o número de empresas por sector industrial no concello seleccionado (por defecto, se non hai un concello seleccionado, indica o número de empresas por sector en Galicia).