Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia

O Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) é o instrumento de ordenación do territorio que ten por obxecto analizar, diagnosticar, planificar e ordenar a implantación territorial das áreas empresariais de interese autonómico na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia establecerá as condicións xerais para as futuras actuacións que desenvolvan as súas determinacións, definindo os criterios de deseño e as características funcionais e de localización que garantan a accesibilidade e coherente distribución territorial das áreas empresariais de interese autonómico.

PSOAEG 2014

Modificación puntual Nº1

Modificación puntual Nº2