Rede de viveiros industriais

Un viveiro industrial de empresas é un espazo físico para o nacemento de novas empresas de carácter industrial no cal se ofrecen as condicións e os servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación das empresas durante un tempo limitado.

Os viveiros industriais de empresas son apoiados pola Xunta de Galicia desde o 2016 a través de convocatorias de subvención para a súa creación destinadas aos concellos galegos. Actualmente, a rede está formada por 22 viveiros.

ver máis

MANIFESTACIÓN DE INTERESE PARA A CONSOLIDACIÓN E DINAMIZACIÓN DA REDE DE VIVEIROS INDUSTRIAIS DE GALICIA

 

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dispón a apertura dunha convocatoria de Manifestación de Interese (MdI) co obxectivo de poñer en marcha unha estratexia de apoio á consolidación e dinamización da Rede de viveiros industriais de Galicia. 

A través desta estratexia preténdese potenciar e dinamizar a rede, fortalecendo e mellorando non só os viveiros de titularidade municipal constituídos en virtude das devanditas convocatorias de axuda, senón tamén incorporando aquelas iniciativas privadas ou públicas que poidan ter a consideración de viveiro industrial.

Deste xeito, o obxectivo desta MdI, dirixida tanto ás entidades da administración local como a empresas, agrupacións industriais empresariais, asociacións sen ánimo de lucro e entidades públicas, é que calquera axente interesado poida achegar suxestións de mellora, así como consultar ao mercado en relación con aqueles proxectos similares susceptibles de ser apoiados e integrarse na rede.

En concreto, trátase de identificar dous tipos de necesidades, de cara a deseñar os instrumentos de apoio necesarios para a súa posta en marcha:

ver máis

1. Identificación e proposta de medidas que se deberían implantar para consolidar e dinamizar os viveiros industriais existentes (Viveiros_dinamización)

ver máis

2. Identificación de proxectos en funcionamento ou futuros que poderían formar parte da Rede de viveiros industriais de Galicia (Viveiros_novos)

ver máis

Forma de Participación

ver máis

  1. As expresións de interese deberán enviarse ao enderezo de correo electrónico xestionproxectos.industria@xunta.gal, cubrindo o modelo do Anexo I ou II correspondente e indicando no asunto da mensaxe "Mdi – Viveiros industriais [nome da entidade que envía a proposta]". Así mesmo, o anexo poderá opcionalmente complementarse cun breve informe ou documentación adicional que procure información relevante, cun límite de 3 páxinas.
  2. A devandita participación non será un criterio previo nin unha condición requirida para o acceso a posible financiamento, axudas ou calquera outro medio de apoio a proxectos que poida convocar a Administración. 
  3. Cada entidade poderá presentar máis dunha proposta. 
  4. Todas as propostas recibidas trataranse e consideraranse como confidenciais.
  5. O prazo para a presentación de expresións de interese finalizará o luns 25 de setembro de 2023 ás 23:59 horas.

ver máis

Documentación