ACORDO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a memoria descritiva das instalacións do establecemento de beneficio mineiro e o seu plan de restauración para a regularización das instalacións que constitúen o establecemento de beneficio titularidade da empresa Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa), no concello de Frades (A Coruña)
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Prazo para remitir achegas/opinións: 17/04/2026 - 29/05/2026
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Minas deste Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Plan de restauración Planta Cruceiro II
- Proxecto peche e clausura Cruceiro II
- Memoria descritiva planta e leiras Cruceiro II
Anuncios no DOG
- ACORDO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a memoria descritiva das instalacións do establecemento de beneficio mineiro e o seu plan de restauración para a regularización das instalacións que constitúen o establecemento de beneficio titularidade da empresa Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa), no concello de Frades (A Coruña)