Explotacións mineiras
Temos dispoñibles para consulta 174 expedientes
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Departamento Territorial da Coruña
ACORDO do 27 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da autorización de aproveitamento de recursos da sección A de Monte da Costa, número 8, situada no concello de Arteixo (A Coruña), promovida por Lista Granit, S.A.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Ourense
ANUNCIO do 29 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a solicitude de ampliación da declaración mineromedicinal e termal das augas do antigo balneario As Caldas ás procedentes da sondaxe denominada P2, no concello de Ourense.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Pontevedra
ANUNCIO do 20 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o anexo II-Proxecto de abandono definitivo de labores e Plan de restauración da C.E. Vilafría número 1544.3 (PO/C/01544.3), situada no termo municipal do Porriño.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Pontevedra
ANUNCIO do 9 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o proxecto de ampliación do Plan de restauración na concesión de explotación Berducido número 2661 (PO/C/2661), concellos de Pontevedra e Barro, provincia de Pontevedra.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Pontevedra
ANUNCIO do 6 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a documentación relativa á prórroga da concesión de explotación Forna número 2342 (PO/C/02342) situada no concello do Porriño, provincia de Pontevedra.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial da Coruña
ACORDO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a memoria descritiva das instalacións do establecemento de beneficio mineiro e o seu plan de restauración para a regularización das instalacións que constitúen o establecemento de beneficio titularidade da empresa Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa), no concello de Frades (A Coruña)
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Resolución do 31 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xuño de 2025, polo que se aproba definitivamente o Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das areeiras da Limia, nos concellos de Sandiás e Vilar de Santos, así como das disposicións normativas contidas nel
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Lugo
ACORDO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental presentados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Santa Eulalia, número 217, situada no termo municipal de Lugo
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Lugo
ACORDO do 9 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto construtivo, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental para o acrecentamento do depósito de lodos vermellos a cota 110, situado no termo municipal de Xove, na provincia de Lugo, promovido por Alúmina Española, S.A.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Lugo
ACORDO do 17 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a ampliación e actualización do proxecto de explotación, do plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da concesión de explotación derivada da sección C) denominada Mondoñedo número 5530.2, situada no termo municipal da Pastoriza, na provincia de Lugo