Iniciativa estratéxica en seguridade, defensa e aeroespazo 2025-2030
A Iniciativa Estratéxica nace coa ambición de aproveitar as oportunidades que o novo contexto ofrece ás entidades galegas, xerando oportunidades profesionais tanto presentes como futuras para a mocidade galega, e convertendo estes sectores nunha panca crave para o crecemento económico e a mellora das condicións de vida na rexión.

Iniciativa estratéxica en seguridade, defensa e aeroespazo
A Iniciativa Estratéxica nace coa ambición de aproveitar as oportunidades que o novo contexto ofrece ás entidades galegas, xerando oportunidades profesionais tanto presentes como futuras para a mocidade galega, e convertendo estes sectores nunha panca crave para o crecemento económico e a mellora das condicións de vida na rexión. Neste marco, a Consellería de Economía e Industria, en colaboración co ecosistema galego do sector e expertos na materia, elaborou a Estratexia 2025-2030. Esta estratexia identifica obxectivos, programas de investimento e actuacións concretas que serán impulsados pola Xunta de Galicia, co fin de que a comunidade continúe liderando as políticas de apoio a este sector en España. Os obxectivos para o próximos cinco anos son:
- Impulsar o crecemento das empresas que forman parte do ecosistema galego de aeroespacio, seguridade e defensa.
- Fomentar a diversificación das empresas, para que poidan ofrecer os seus produtos e servizos nos sectores aeroespacial, de seguridade e de defensa.
- Materializar novos investimentos industriais e promover a transformación sectorial que facilite a entrada de novas empresas no sector.
- Reforzar as capacidades produtivas territoriais de Galicia neste ámbito, incluíndo o acceso ao capital, as infraestruturas e a dispoñibilidade de persoal cualificado.
- Liderar as novas políticas industriais a nivel nacional, consolidando o posicionamento da Xunta de Galicia como un goberno emprendedor e exemplar no impulso da colaboración público-privada.
Documentos
Diálogo estratéxico
Co obxectivo de coñecer as necesidades concretas a curto, medio e longo prazo das empresas que forman o ecosistema rexional, para aliñar os instrumentos de investimento da Iniciativa coas necesidades do ecosistema, exponse o desenvolvemento dun diálogo estratéxico coa industria.
É un Instrumento innovador, pioneiro en España, para impulsar o desenvolvemento industrial desde o Goberno rexional, escoitando os plans de investimento e necesidades de apoio por parte da industria e tendo en conta a súa visión na execución da iniciativa estratéxica.
Os obxectivos do diálogo estratéxico son:
- Establecer unha canle de comunicación formal e a longo prazo cos actores da industria con capacidade real de investimento en Galicia
- Coñecer de primeira man os investimentos futuros destes actores, así como as súas necesidades de apoio por parte do Goberno rexional
- Validar coas empresas o seu interese nos instrumentos identificados no plan estratéxico para cada actor da industria, así como a súa pertinencia para mobilizar os investimentos en Galicia
Participación
Para participar no diálogo estratéxico é necesario remitir os datos incluídos no seguinte cuestionario e calquera outra información adicional antes do 22 de setembro de 2025 ao correo ieasd.industria@xunta.gal
- Cuestionario de participación en galego formato PDF - formato DOCX
- Cuestionario de participación en castelán formato PDF - formato DOCX
Próximos pasos
Os seguintes pasos do diálogo estratéxico son:
- Recepción dos cuestionarios
- Asignación das empresas participantes ás diferentes dinámicas (entrevistas mediante reunións bilaterais, grupos de traballo e mesas sectoriais)
- Conclusións do diálogo que se recollerán mediante documentos e informes