Portada > > Doing Business > Temas de interese

doingbusiness
en Galicia

DOING BUSINESS

Cara a unha boa regulación económica

Compartir

Se es unha empresa, autónomo/a ou emprendedor/a podes achegarnos as túas propostas para impulsar unha Galicia con menos barreiras burocráticas.

A Oficina Doing Business nace co obxectivo de dar maiores facilidades aos galegos e galegas para facer realidade os seus proxectos empresariais. Podes propoñernos melloras na regulación económica galega, ou alertar á Xunta de Galicia dunha barreira á actividade empresarial. O Goberno galego analizará a proposta e responderá o antes posible; as propostas máis representativas, xunto coa súa resposta, serán publicadas nesta mesma web.

Que necesitas para participar?

  • Poñemos a túa disposición unha canle de comunicación electrónica para que presentes as túas solicitudes.
  • Necesitas o DNI-e ou un certificado electrónico recoñecido pola sede electrónica da Xunta.
  • Debes cubrir os espazos en branco do formulario, ao que podes acceder nos enlaces situados baixo este texto.
  • Unha vez recibida a túa solicitude contestaremos no menor tempo posible.

Que podes comunicar e propoñer?

Tema/s: Doing Business
Colectivo/s: Emprendedor/a; Empresa