doingbusiness
en Galicia
Cara a unha boa regulación económica
Se es unha empresa, autónomo/a ou emprendedor/a podes achegarnos as túas propostas para impulsar unha Galicia con menos barreiras burocráticas.
A Oficina Doing Business nace co obxectivo de dar maiores facilidades aos galegos e galegas para facer realidade os seus proxectos empresariais. Podes propoñernos melloras na regulación económica galega, ou alertar á Xunta de Galicia dunha barreira á actividade empresarial. O Goberno galego analizará a proposta e responderá o antes posible; as propostas máis representativas, xunto coa súa resposta, serán publicadas nesta mesma web.
Que necesitas para participar?
- Poñemos a túa disposición unha canle de comunicación electrónica para que presentes as túas solicitudes.
- Necesitas o DNI-e ou un certificado electrónico recoñecido pola sede electrónica da Xunta.
- Debes cubrir os espazos en branco do formulario, ao que podes acceder nos enlaces situados baixo este texto.
- Unha vez recibida a túa solicitude contestaremos no menor tempo posible.
Que podes comunicar e propoñer?