A Xunta de Galicia consolida un programa de concesión de axudas directas destinadas a diminuír o custo da enerxía eléctrica nos consumidores que se atopen en máis dificultades.
A axuda que se concede ten por finalidade compensar os gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía eléctrica, evitando ademais o seu corte.
Serán persoas beneficiarias aqueles consumidores que sexan beneficiarios do bono social de electricidade de consumidor vulnerable severo a 31 de decembro do ano anterior e ademais estean nalgunha das seguintes situacións:
Para a concreción das persoas beneficiarias tivéronse en conta os últimos datos dispoñibles na Consellería de Política Social e Xuventude para a tramitación do bono social térmico (31.12.2021), así como a situación de vulnerabilidade na data 31.12.2022.
A contía da axuda por beneficiario para o ano 2022 será de 450 euros e de 675 euros no caso das familias numerosas.
A Xunta destina 4.499.550 € para esta axuda beneficiando a 9.616 persoas, das cales 766 corresponden a familias numerosas.
Información básica sobre protección de datosOs datos persoais necesarios para a xestión e o pagamento da Axuda Complementaria ao Bono Eléctrico 2023 están sendo tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia - Consellería de Economía, Industria e Innovación. A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 7/2017, do 14 de decembro, de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica e no Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores doméstico de enerxía eléctrica. A orixe da información necesaria parar a verificación do cumprimento dos requisitos esixidos pola lexislación vixente para ser beneficiario ou beneficiaria da referida axuda, así como doutros datos identificativos e bancarios é a Consellería de Política Social e Xuventude. A fin de facilitar a xestión da axuda ás persoas beneficiarias e axilizar o seu pagamento, publicarase a través desta páxina web o dato do seu DNI/NIE, xunto coa condición no seu caso de familia numerosa, a contía económica a percibir e a documentación que no seu caso deberían aportar, unicamente durante o prazo necesario para a referida finalidade.As persoas interesadas poderán solicitar ante o/a responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento segundo se especifica en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/a delegado/a de protección de datos e máis información en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos |