Portada > > Iniciativas

Axenda 20 para o Emprego

Compartir
  • Axenda 20 para o Emprego

Unha ferramenta ao servizo da creación de postos de traballo de calidade.

900 millóns para impulsar a calidade e estabilidade laboral no novo modelo produtivo.
 
A Xunta está a implementar a Axenda 20 para o Emprego para impulsar o emprego estable e de calidade para o novo modelo produtivo de Galicia baseado no crecemento e no coñecemento. Esta ferramenta do Goberno galego foi elaborada cunha visión global, contando coas achegas dos axentes sociais e doutras consellerías, ademais de Economía, Emprego e Industria, como as de Medio Rural, Mar, Política Social e Educación. 
 
A través de 20 medidas, que contan cun investimento anual de 180 millóns de euros, o Goberno galego busca reforzar a atención especial que xa presta aos colectivos con maiores dificultades de acceso a un posto laboral.
 
Esta folla de ruta ten como obxectivo de reducir o desemprego ata o 10% coa creación de 100.000 postos laborais ata 2020. Para iso céntrase en 3 retos: fomentar o emprego de calidade, estimulando o emprego indefinido a tempo completo para crear ou converter en indefinidos 50.000 contratos; reforzar a formación e especialización ao longo da vida laboral; e mellorar e orientar os servizos públicos na atención ás persoas demandantes e empresas.
 
O obxectivo da Axenda 20 para o Emprego é con estas actuacións tamén  mellorar os índices de inserción tras a formación, situando a porcentaxe nun 60%. Tamén pretende apoiar a creación de 500 novas empresas de economía social e impulsar a RSE aumentando nun 20% os diagnósticos nas empresas galegas e incrementar nun 25% as prazas e as cualificacións profesionais.

Documentos relacionados

Organización/s: Secretaría Xeral de Emprego
Tema/s: Emprego
Colectivo/s: Cidadáns