A Xunta de Galicia, coa finalidade de contribuír a acadar os obxectivos de cumprimento de xeración de electricidade a partir de fontes renovables, simplifica a normativa e os procedementos aplicables para a implantación e desenvolvemento destas tecnoloxías.
Así mesmo, e para unha maior operatividade e xestión dos recursos, créase o Rexistro Eólico de Galicia, no que se recolle de xeito electrónico a localización cartográfica das instalacións eólicas en Galicia.