Portada > > Iniciativas

Bono social eléctrico

Compartir

A Xunta de Galicia consolida un programa de concesión de axudas directas destinadas a diminuír o custo da enerxía eléctrica nos consumidores que se atopen en máis dificultades.

A axuda que se conceda ten por finalidade compensar os gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social.

En cada exercicio serán persoas beneficiarias aqueles consumidores que sexan beneficiarios do bono social de electricidade de consumidor vulnerable severo a 31 de decembro do ano anterior e ademais estean nalgunha das seguintes situacións:

  • Sexan beneficiarios da Risga (renda de inclusión social de Galicia).
  • Sexan beneficiarios do IMV (ingreso mínimo vital).
  • Sexan beneficiarios dunha PNC (pensión non contributiva).

Para a concreción das persoas beneficiarias tivéronse en conta os últimos datos dispoñibles para a tramitación do bono social térmico (31.12.2022) así como a situación de vulnerabilidade na data de cruzamento dos datos (31.12.2023).

A contía da axuda máxima por beneficiario concrétase na disposición adicional decimo sexta da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024. A Consellería de Economía e Industria estableceu que a axuda correspondente ao ano 2023 será de 200 € e 300 € no caso de familias numerosas.

No exercicio 2023 o número de persoas beneficiarias é de máis de 12.000 persoas.