Portada > > Iniciativas

Axuda complementaria ao Bono Social de Electricidade 2024

Compartir

A Xunta de Galicia consolida un programa de concesión de axudas directas destinadas a diminuír o custo da enerxía eléctrica nos consumidores que se atopen en máis dificultades.

A axuda que se concede ten por finalidade compensar os gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía eléctrica, evitando ademais o seu corte.

Serán persoas beneficiarias aquelas persoas consumidoras que sexan persoas beneficiarias do bono social de electricidade de consumidor vulnerable severo a 31 de decembro do ano anterior e ademais estean nalgunha das seguintes situacións:

  • Sexan beneficiarios da Risga (renda de inclusión social de Galicia).
  • Sexan beneficiarios do IMV (ingreso mínimo vital).
  • Sexan beneficiarios dunha PNC (pensión non contributiva).

Para a concreción das persoas beneficiarias tivéronse en conta os últimos datos dispoñibles para a tramitación do bono social térmico (31.12.2023) así como a situación de vulnerabilidade na data de cruzamento dos datos (31.12.2024).

A contía da axuda por beneficiario para o ano 2024 será de 150 euros e de 225 euros no caso das familias numerosas.

A Xunta destina 1.955.850 € para esta axuda beneficiando a 12.395 persoas, das cales 1.288 corresponden a familias numerosas.

Información sobre protección de datos persoais Os datos persoais necesarios para a xestión e o pagamento da Axuda Complementaria ao Bono social de Electricidade 2024 están sendo tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria. A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 7/2017, do 14 de decembro, de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica e no Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores doméstico de enerxía eléctrica. A orixe da información necesaria parar a verificación do cumprimento dos requisitos esixidos pola lexislación vixente para ser beneficiario ou beneficiaria da referida axuda, así como doutros datos identificativos e bancarios é a Consellería de Economía e Industria. A fin de facilitar a xestión da axuda ás persoas beneficiarias e axilizar o seu pagamento, publicarase a través desta páxina web o dato do seu DNI/NIE e a documentación que no seu caso deberían aportar, unicamente durante o prazo necesario para a referida finalidade. Las personas interesadas podrán solicitar ante el responsable del tratamiento el acceso, rectificación, limitación y supresión de sus datos, así como oponerse a su tratamiento según se especifica en https://www.xunta.gal/exercicio-de-derechos. Contacto con el/a delegado/la de protección de datos y más información en: https://www.xunta.gal/informacion-general-proteccion-datos

Documentos relacionados

Tema/s: Enerxía