Estas axudas van dirixidas ás persoas empregadoras e ás empresas, que contraten persoas mozas desempregadas menores de trinta anos por conta allea. Os incentivos serán de aplicación ás contratacións indefinidas inicias e ás temporais cunha duración mínima inicial de doce meses, nos dous casos a xornada deberá de ser a tempo completo, incluída a modalidade de fixo descontinuo.
Prazo de presentación de solicitudes: do 10/04/2019 ata o 30/09/2019.