A través do programa ReAcciona, a Xunta de Galicia promove o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de persoas expertas en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a dixitalización e a innovación.
Así, impúlsanse melloras en ámbitos como o relanzamento comercial, os centrados na produción e cadea loxística, ou os de análise do potencial competitivo. No eido da transformación dixital, as empresas acceden a diagnósticos de Industria 4.0 e de dixitalización, ademais de solucións de xestión e mobilidade dixital e apoio no márketing.