As asociacións son agrupacións de persoas constituídas para realizar actividades colectivas de forma estable, organizadas democraticamente e sen ánimo de lucro.
O dereito de asociación recoñecido no artigo 22 da Constitución está regulado na Lei Orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación, de aplicación a todas as asociacións sen fins lucrativos, que non estean sometidas a outra normativa específica.
Antes da inscrición como "Asociación de comerciantes ou federacións (IN227F)" no Rexistro Galego de Comercio é preciso inscribirse no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
Correo-e: cei.dxc@xunta.es