Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode aceptalas no botón "De acordo", así como obter máis información, configurar as súas preferencias ou rexeitar as cookies aquí.
O Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro regula a certificación enerxética de edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade deste decreto é:
Promover a eficiencia enerxética na edificación, ofrecendo a consumidores/as ou usuarios/as información obxectiva do comportamento enerxético dos edificios, favorecendo unha maior transparencia no mercado inmobiliario.
Fomentar a mellora da calidade das edificacións, necesaria para adecuarse ás recentes exixencias enerxéticas na edificación, establecidas na normativa de ámbito estatal.
Contribuír á mellora ambiental e da sustentabilidade mediante a concienciación e sensibilización das persoas en relación coa calidade enerxética dos edificios en que habitan e traballan.
Promover a mellora da cualificación de eficiencia enerxética no ámbito da edificación pública.
Favorecer os investimentos en medidas de aforro e eficiencia enerxética na edificación.