A través da posta a disposición de préstamos e microcréditos, así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.
Un proxecto empresarial, independentemente de que sexa na súa posta en marcha, consolidación ou expansión internacional, vaise xerando nunha sucesión de pasos, dende o momento no que xorde a idea, ata que esta se materializa e se implanta. Aínda que as limitacións financeiras orientan dende un primeiro momento a dimensión do proxecto que se vai acometer, non é ata que dispoñemos dun proxecto ben estruturado, cando nos formulamos como financialo.
É neste momento cando xorden cuestións como canto diñeiro necesito?, canto podo achegar?, canto diñeiro me prestará a entidade financeira?, cal é o instrumento financeiro que máis me convén? Ademais dos instrumentos financeiros que existen en entidades financeiras, un emprendedor ou empresario pode intentar captar fondos de investidores privados (malia que nalgunhas ocasións detrás de varios deles se poidan encontrar organismos públicos) como:
Teléfono: 900 815 151
Correo-e: informa@igape.es