Autoconsumo de enerxía eléctrica

Compartir

Procedementos IN407B e IN407C: Rexistro administrativo de instalacións de autoconsumo conectadas en baixa tensión e potencia instalada menor a 100 KW

O Real decreto  244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica establece no seu capítulo VII o rexistro administrativo de autoconsumo de enerxía eléctrica previsto no artigo 9.4 da Lei 24/2013, de 26 de decembro. O rexistro regulase que será telemático, declarativo e de acceso gratuíto, debendo rexistrarse os suxeitos consumidores que realicen autoconsumo, conectados a baixa tensión, nos que a instalación de xeración sexa de baixa tensión e a potencia instalada de xeración sexa menor de 100 KW.

Atendendo ao anterior aprobouse mediante Resolución do 18 de febreiro da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, o procedemento de comunicación de instalacións de autoconsumo conectadas en baixa tensión e potencia instalada menor a 100 KW, así como o procedemento de contestación  das empresas distribuidoras.

No DOG nº 43 do 4/3/2020 publicáronse os modelos de comunicación dos procedementos IN407B e IN407C:

  • Procedemento IN407B: procedemento de comunicación dos suxeitos consumidores que realicen autoconsumo, conectados a baixa tensión, nos que a instalación de xeración sexa de baixa tensión e a potencia instalada de xeración sexa menor de 100 KW, para a súa inscrición no Rexistro de Autoconsumo do Ministerio de Transición Ecolóxica, segundo o aprobado polo Real Decreto 244/2019, de 5 de Abril. Procedemento IN407B que se recolle no Anexo da resolución.
  • Procedemento IN407C: procedemento de contestación das empresas distribuidoras, en resposta ás solicitudes feitas polo consumidores para a inscrición das súas instalacións no Rexistro de Autoconsumo do Ministerio de Transición Ecolóxica, segundo o aprobado polo Real Decreto 244/2019, de 5 de Abril. Procedemento IN407C que se recolle no Anexo II da resolución.