Unha lei que pon facilidades ao investimento empresarial en Galicia.
A Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento empresarial da Comunidade permitindo que o investimento atope un marco de certeza e favorecendo a implantación de novas iniciativas, así como o afianzamento e extensión das xa existentes.
O texto pretende conseguir un equilibrio entre as máximas garantías xurídicas e técnicas e axilización e simplificación administrativa para acadar a maior eficiencia. Así, evita duplicidades e solapamentos nos procedementos concorrentes, axilizando os trámites precisos para o desenvolvemento dunha iniciativa empresarial que intenta crear riqueza e emprego en Galicia.
A lei busca, por tanto, instaurar una nova cultura administrativa dirixida a simplificar e racionalizar os procedementos.