A través do Polo Aeroespacial de Galicia, a Xunta aposta de xeito decidido por xerar coñecemento e pegada industrial arredor dun sector de alto valor engadido como é o sector aeronáutico; en concreto, no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados.
No período 2015-2020 lográronse 164 millóns de euros de investimento público-privado mobilizados; máis de 900 profesionais; 60 solucións tecnolóxicas e produtos no mercado dun total de 655 resultados obtidos, e a creación de 24 novas empresas. Todo iso, contando coa participación de tres das principais multinacionais do sector (Indra, Babcock e Boeing) e o talento de máis de 900 profesionais.
A nova estratexia aprobada en 2021 aspira a mobilizar -no caso de acceder á repartición dos fondos europeos Next Generation por parte da Administración do Estado- un total de 540 millóns de euros ata 2025 entre investimentos públicos e privados.