Dentro das relacións dos consumidores e usuarios cos empresarios poden producirse conflitos o que pode dar lugar a que se produza unha reclamación ou unha denuncia
Deben cumprirse unha serie de presupostos para que, no seu caso, se poida proceder á súa tramitación. Unha reclamación ou denuncia debe ser sempre dun consumidor ou usuario fronte a un empresario. Neste sentido, desde o punto de vista da protección dos consumidores, nunca serán admitidas aquelas reclamacións ou denuncias nas que o que se dilucide sexa unha relación entre empresarios ou entre consumidores. Por outra parte tampouco se terán en consideración aquelas reclamacións ou denuncias de empresarios fronte a un empresario.
Ademais do anterior, non é suficiente que as partes en conflito teñan o carácter de empresario por un lado e de consumidor ou usuario por outro, senón que o conflito derive dunha relación de consumo, isto é, que se produza cando un consumidor acode a un empresario para a obtención dun ben ou servizo porque é o obxecto da súa empresa. Partindo do anterior, é cando por un consumidor ou usuario se pode presentar unha reclamación ou denuncia fronte a un empresario, o que obriga a explicar a distinción entre reclamación e denuncia.
Teléfono: 900 231 123