Se es unha empresa, autónomo/a ou emprendedor/a podes achegarnos as túas propostas para impulsar unha Galicia con menos barreiras burocráticas.
A Oficina Doing Business nace co obxectivo de dar maiores facilidades aos galegos e galegas para facer realidade os seus proxectos empresariais. Podes propoñernos melloras na regulación económica galega, ou alertar á Xunta de Galicia dunha barreira á actividade empresarial. O Goberno galego analizará a proposta e responderá o antes posible; as propostas máis representativas, xunto coa súa resposta, serán publicadas nesta mesma web.
Que necesitas para participar?
Que podes comunicar e propoñer?