Apoiamos as iniciativas de internacionalización das empresas galegas cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino.
Saír ao mercado exterior
Apoiamos as iniciativas de internacionalización cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino.
Apoio aos clústeres
Promovemos unha estratexia de traballo en común cos clústeres galegos para ofrecer unha imaxe conxunta cara ao exterior, buscar socios para proxectos europeos, formar para acadar a excelencia na xestión dos clústeres e habilitar novos espazos compartidos para xerar novas sinerxías.
Mapa de apoios 2023
Información sobre os programas de axudas e servizos activos que ten dispoñibles esta consellería en materia de promoción económica, innovación, enerxía, industria e comercio. Inclúen tamén cales poden ser os/as beneficiarios/as e os prazos de convocatoria en 2023.
Galicia, camiño de futuro
Desde a Xunta de Galicia, dentro do traballo que se desenvolve desde diferentes ámbitos para atraer novos investimentos e facilitar a implantación de empresas, ofrecemos información cos principais datos económicos e potencialidades coas que conta Galicia.