Portada > > Biografía do vicepresidente primeiro e conselleiro

Biografía do vicepresidente primeiro e conselleiro

Compartir
Actualizado o: 29 setembro 2022

Biografía do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde López

Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades:

  • Director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman
  • Secretario do Instituto de Estudos Europeos
  • Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004
  • Director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005
  • Vicerreitor de Relacións Internacionais de 2005 a 2009

Entre 2009 e 2012 foi asesor do presidente da Xunta de Galicia. En 2012 foi nomeado conselleiro de Economía e Industria e en 2015 asumiu as competencias, tamén, en materia de Emprego. No ano 2020 foi nomeado vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.

En maio de 2022 toma posesión como vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.