Desenvolvemos liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar as técnicas que lle permitan ao sector artesanal mellorar a calidade dos seus produtos e optimizar o proceso produtivo.
Solicitar a marca "Artesanía de Galicia"
Se es titular dun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia ou dun establecemento de venda de artesanía galega, podes solicitar a autorización para o uso do distintivo da marca "Artesanía de Galicia" en etiquetas e elementos promocionais tales como bolsas, carteis, caixas e papel, así como noutros modelos que sexan autorizados.
Obter a acreditación e renovación como obradoiro
Se tes a carta de artesán ou mestre artesán podes obter a cualificación de taller artesán presentando unha solicitude. Unha vez obtido dito documento de cualificación de taller artesán procederase á inscrición no Rexisto Xeral de Artesanía de Galicia.
Participar en accións formativas de artesanía
Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal.
Comisión Galega de Artesanía
A Comisión Galega da Artesanía, creada en virtude do disposto no artigo 5 da Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.
Promover o teu traballo
Contribuímos ao desenvolvemento do sector galego no seu conxunto, para o cal levamos a cabo diversas iniciativas relacionadas coa promoción e a divulgación.
Catálogos
Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.