Sabías que ... o Instituto Galego do Consumo e da Competencia conta con oficinas nas sete principais cidades galegas?

Protexemos ao consumidor, na defensa dos seus dereitos e intereses, facendo cumprir a normativa reguladora a través de inspeccións e control da calidade dos establecementos, bens e servizos, en consecuencia de reclamacións ou de oficio.

Educar no consumo responsable

Na Escola Galega de Consumo mantemos unha política activa de fomento, apoio e asesoramento a través de actividades de educación e formación no eido de consumo.

Reclamar e denunciar

Dentro das relacións dos consumidores e usuarios cos empresarios poden producirse conflitos o que pode dar lugar a que se produza unha reclamación ou unha denuncia

Organizacións de consumidores e usuarios

As organizacións de consumidores e usuarios son entidades de carácter privado, independentes, e constituídas sen ánimo de lucro.

Laboratorio de Consumo de Galicia

É o centro no que se realizan as análises e os ensaios sobre produtos industriais non alimenticios presentes no mercado, co fin de avaliar a súa conformidade coas regulamentacións técnicas referidas tanto á calidade como á seguridade.

Reduce a túa factura enerxética

A Xunta de Galicia está a traballar para diminuír o gasto enerxético das familias a través de varios programas.

Certificación enerxética de edificios

O responsable dos procedementos relacionados ca certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia é o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Autoconsumo de enerxía eléctrica

Procedementos IN407B e IN407C: Rexistro administrativo de instalacións de autoconsumo conectadas en baixa tensión e potencia instalada menor a 100 KW