Colaboramos cos concellos para adecuar os seus equipamentos comerciais e modernizar o comercio de proximidade, ao tempo que poñemos á súa disposición financiamento para mellorar a súa eficiencia enerxética e modernizar os seus parques empresariais.
Supresión de licenzas municipais (Lei de emprendemento)
Resolucións de dúbidas para concellos e técnicos municipais nos supostos prácticos de comunicación previa para o exercicio de actividades.
Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)
As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.
Concellos emprendedores
A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron en outubro de 2017 un convenio de colaboración para a creación dos Concellos Emprendedores.