Resolucións de dúbidas para concellos e técnicos municipais nos supostos prácticos de comunicación previa para o exercicio de actividades.
No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia suprímese con carácter xeral a necesidade de obtención de licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, sendo os concellos os que velarán polo cumprimento dos requisitos aplicables segundo a lexislación correspondente, para o cal comprobarán, controlarán e inspeccionarán as actividades.
Correo-e: consultas-actividades.cei@xunta.es