A vida cotiá dos galegos e galegas non sería o mesmo sen a inxente actividade mineira que caracteriza á nosa comunidade.
A auga mineral que bebemos, a lousa e a tella dos tellados, unha parte importante da enerxía que consumimos, a arxila para facer cerámica, o granito que levanta os edificios e as casas nas que vivimos, os balnearios nos que nos relaxamos, as estradas e pontes polas que nos desprazamos, os áridos e metais para facer os materiais de construción… todo depende dos elementos da explotación mineira. Incluso en produtos nos que a primeira vista non se aprecia, como os cosméticos ou as bombillas, podemos atopar recursos mineiros.
Máis alá da súa relevancia económica, non podemos esquecer que a minería está presente en practicamente toda a actividade humana xa que, exceptuando a madeira e as fibras naturais, tódolos materiais empregados polo ser humano para o seu desenvolvemento son de base mineral. De feito, cada europeo/a consume unha media anual de entre 5 e 10 toneladas de produtos minerais.
Os minerais son esenciais para o desenvolvemento e, polo tanto, para a nosa calidade de vida e a creación de comunidades sostibles.
Por exemplo, un inmoble pode chegar a conter ata 150 toneladas de minerais en forma de cemento, arxila, materiais compostos, cerámica, tellas, lousa e toneladas de metais, entre outros. No caso dun automóbil, contén ata 150 quilogramos de minerais (caucho, plásticos, vidro) e máis dunha tonelada de metais, o 50% das pinturas e do papel elabóranse a partir de minerais; o vidro e a cerámica tamén conteñen ata un 100% de minerais.
Nesta páxina poderá descubrir a riqueza mineral de Galicia, a súa importancia para o progreso económico galego, os momentos do seu día a día que non serían o mesmo sen os produtos procedentes das explotacións mineiras. En definitiva, unha viaxe completa pola minería galega.
Progreso económico
A minería é un dos piares imprescindibles da nosa economía. As cifras falan por si soas:
Ampla riqueza mineral
Na actualidade, a minería galega baséase en varios subsectores:
Ademais do granito e a lousa cómpre destacar que, en Galicia, se aproveita unha ampla variedade de minerais, como anfibolita, arxila, area silícea, arenisca, caliza, caolín, corneana, cuarcita, cuarzo, feldespato, magnesita, serpentina o dunita, entre outros.
Innovación e sustentabilidade
A industria mineira aposta por dous eixos de futuro: a innovación e a sustentabilidade.
En canto á I+D+i, realízase un esforzo constante mellora dos procesos de extracción, da maquinaria utilizada e dos sistemas de seguridade. Dese compromiso coa innovación xurdiron os diferentes clústeres relacionados coa minería (lousa, granito e termalismo), dedicados a fomentar a competitividade e a especialización.
No que se refire á sustentabilidade, a redución do impacto ambiental e a rehabilitación de espazos son outras das premisas da minería. Calquera proxecto ten que ir vinculado a un plan integral de restauración do seu entorno e da súa biodiversidade.
A vida cotiá dos galegos e galegas non sería o mesmo sen a inxente actividade mineira que caracteriza á nosa comunidade: a auga mineral que bebemos, unha parte importante da enerxía que consumimos, os utensilios de cerámica que utilizamos, as casas nas que vivimos, os balnearios nos que nos relaxamos, as estradas e pontes polas que nos desprazamos…, todo depende dos produtos da explotación mineira.
Máis alá da súa relevancia económica, non podemos esquecer que a minería está presente en practicamente toda a actividade humana, xa que, agás a madeira e as fibras naturais, todos os materiais empregados polo ser humano para o seu desenvolvemento son de base mineral.
Cada persoa, ao longo da súa vida, consume 400 toneladas de produtos da minería, sen incluír os enerxéticos.
Os minerais son esenciais para o desenvolvemento e, polo tanto, para a nosa calidade de vida e a creación de comunidades sostibles.
Por exemplo, un inmoble pode chegar a conter ata 150 toneladas de minerais en forma de cemento, arxila, materiais compostos, cerámica, tellas, lousa e toneladas de metais, entre outros. No caso dun automóbil, contén ata 150 quilogramos de minerais (caucho, plásticos, vidro) e máis dunha tonelada de metais, o 50% das pinturas e do papel elabóranse a partir de minerais; o vidro e a cerámica tamén conteñen ata un 100% de minerais.