Ferramenta que permite facer diagnoses enerxéticas on-line adaptadas ás particularidades de cada empresa, contribuíndo á identificación de medidas concretas de eficiencia enerxética.
Este servizo de diagnose on-line ten como principal obxectivo facilitar ás pemes galegas a posibilidade de facer unha diagnose dos consumos enerxéticos asociados ao seu proceso produtivo, ao tempo que lles ofrecen recomendacións destinadas a mellorar a eficiencia enerxética. Asemade, constitúe tamén unha nova fonte de datos estatísticos, axeitados para analizar a implantación das medias de aforro e eficiencia e do uso das renovables, nos sectores económicos estratéxicos de Galicia.
A aplicación ten dous niveis, un básico e outro especializado, e contén doce bloques temáticos, seleccionados segundo as principais necesidades manifestadas polas pemes, que neste caso concrétanse en: facturación enerxética, consumo térmico, iluminación, instalacións eléctricas, aire acondicionado, frío industrial, climatización e auga, transporte, enerxías renovables e alta eficiencia, mantemento, etiquetaxe enerxética e formación. Deste xeito, o servizo de auditoría on-line adáptase ás necesidades e aos coñecementos específicos do usuario, e pode ofrecerlle solucións concretas.