Portada > > Temas de interese

Obter unha declaración responsable

Compartir

Os cambios no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, etc.) incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos).

Con carácter xeral, a figura da empresa autorizada desaparece e é substituída pola figura da declaración responsable, salvo para as especialidades seguintes:

  • Empresas instaladoras de fontanaría.
  • Documento de cualificación empresarial (DCE) no sector da construción.
  • Documento de cualificación empresarial (DCE) nos sectores da madeira e a cortiza.

Para estas tres especialidades, a autorización desaparece e non é substituída por outro documento, é dicir, desaparecen completamente as empresas instaladoras de fontanaría, o DCE de construción e o DCE de madeira e cortiza. Para as especialidades restantes, a autorización é substituída pola declaración responsable. As empresas que xa estaban autorizadas en especialidades que non desaparecen deben no momento que caduque a súa autorización presentar a declaración responsable.

A declaración responsable é un documento no que a empresa declara, baixo a súa responsabilidade, que cumpre todos os requisitos materiais e humanos que establece o regulamento correspondente. Preséntase de maneira telemática (obrigatorio dende o 1 de xaneiro de 2012) a través da Oficina Virtual de Industria.

Organización/s: Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Tema/s: Industria
Colectivo/s: Instalación industrial; Empresa; Peme