Portada > > Temas de interese

Obter un carné ou habilitación profesional

Compartir
En xeral, a figura do carné profesional desaparece, sendo catro as especialidades nas que continua existindo

Os cambios no que respecta aos carnés profesionais incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos)

A Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinaron un acordo de coordinación, de tal xeito que na actualidade Educación asume case todas as xestións relacionadas cos carnés e habilitacións profesionais.

En xeral, a figura do carné profesional desaparece, sendo catro as especialidades nas que continua existindo:

  • Carné profesional de instalacións térmicas de edificios
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B

Nas restantes especialidades desaparece a figura do carné e falamos de profesionais habilitados: instalador/a, reparador/a, operador/a, etc.

En xeral, para que unha persoa poida estar habilitada existen as seguintes vías:

  • Dispoñer dun título universitario cuxo plan de estudos cubra os contidos do regulamento.
  • Dispoñer dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade cuxo ámbito de competencia inclúa os contidos do regulamento.
  • Ter recoñecida unha competencia profesional adquirida por experiencia profesional, dacordo co estipulado no Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, nas materias obxecto do regulamento correspondente.
  • Para algunhas especialidades, posuir unha certificación outorgada por unha entidade acreditada para a certificación de persoas, según o Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro nas materias obxecto do regulamento correspondente.
  • Para algunhas especialidades, ter superado un exame teórico-práctico ante a Comunidade Autónoma sobre os contidos do regulamento correspondente.

Unha persoa debe encaixar en calquera das vías anteriores para estar habilitada. Non necesitaría nin podería solicitar ningún documento adicional que corroborase que efectivamente está habilitada.

Organización/s: Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Tema/s: Industria
Colectivo/s: Instalación industrial; Empresa; Peme