Solicitar unha marca ou nome comercial

Compartir
  • Logo do Segapi

Na oficina do Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi), da Axencia Galega de Innovación, poderá rexistrar, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), todos os títulos de propiedade industrial e calquera documentación necesaria para solicitar ou manter os seus dereitos sobre invencións (Patentes e Modelos de utilidade), marcas e nomes comerciais, deseños industriais e topografías de produtos semiconductores.

A propiedade industrial é un conxunto de dereitos exclusivos que protexen tanto a actividade innovadora manifestada en novos produtos, novos procedementos ou novos deseños, como a actividade mercantil, mediante a identificación en exclusiva de produtos e servizos ofrecidos no mercado. O Segapi ofreceralle asesoramento e información sobre cuestión relacionadas coa Propiedade Industrial:

  • Información sobre o contido e normativa das diferentes modalidades de propiedade industrial.
  • Información sobre a busca de antecedentes de signos distintivos rexistrados para valorar a posibilidade de obter novos signos.
  • Información sobre a busca da situación xurídica de tódolos expedientes tramitados pola OEPM.
  • Información orientativa sobre a modalidade axeitada de rexistro.
  • Entrega de impresos normalizados e información para a súa correcta cobertura.
  • Información sobre trámites, requisitos, prazos e taxas para a obtención da protección rexistral.
  • Información sobre o mantemento dos dereitos de propiedade industrial: pagamentos e renovacións.
  • Información sobre actuacións administrativas: transmisión ou cesión de dereitos.
  • Información sobre procedementos internacionais de rexistro.
  • Reprodución dos documentos completos de patentes nacionais e estranxeiras.
  • Información sobre as buscas retrospectivas de invencións e deseños.
  • Información sobre os informes tecnolóxicos de patentes.

Contactos relacionados

  • Servizo presencial con cita previa solicitada por correo electrónico

    Rúa dos Feans, 7
    Santiago de Compostela
    Teléfono: 981.95.73.90 – 981.95.73.91
    Correo-e: infosegapi.gain@xunta.es

  • Axencia Galega de Innovación - GAIN

    Correo-e: gain@xunta.es

Organización/s: Axencia Galega de Innovación - Gain
Tema/s: Industria
Colectivo/s: Comerciante; Instalación industrial; Centro tecnolóxico