Portada > > Temas de interese

Certificación enerxética de edificios existentes (IN413D)

Compartir

A Resolución do 20 de maio de 2013 aproba o modelo de solitude para a inscrición dos certificados de eficiencia dos edificios existentes no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios.

As solicitudes de inscrición dos certificados de eficiencia enerxética para edificios existentes realizaranse de acordo co modelo que se aproba no anexo da presente resolución e achegarán a seguinte documentación:

  • Certificado e etiqueta de eficiencia enerxética segundo os documentos recoñecidos para a certificación de eficiencia enerxética do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e adscrito á Secretaría de Estado da Enerxía.
  • Arquivos de cálculo do programa escollido para a obtención da cualificación enerxética do edificio, así como os planos que fosen cargados para o cálculo da cualificación. No caso de presentación presencial, CD ou DVD cos devanditos arquivos.
  • Xustificante do pagamento da taxa 31.50.00 «Inscricións no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia».