Desenvolvemos programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais en Galicia.
Obter e renovar a carta de artesán
Pode inscribirse no Rexistro de Artesanía como artesán se acredita unha formación mínima de 500 horas nun centro acreditado ou traballou baixo a dirección dun mestre ou mestra durante 500 horas.
Se xa está inscrito/a e leva 10 anos traballando no sector en tarefas de dirección e participación nun taller; ou impartindo formación solicite a súa carta.
Solicitar a marca "Artesanía de Galicia"
Se es titular dun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia ou dun establecemento de venda de artesanía galega, podes solicitar a autorización para o uso do distintivo da marca "Artesanía de Galicia" en etiquetas e elementos promocionais tales como bolsas, carteis, caixas e papel, así como noutros modelos que sexan autorizados.
Obter a acreditación e renovación como obradoiro
Se tes a carta de artesán ou mestre artesán podes obter a cualificación de taller artesán presentando unha solicitude. Unha vez obtido dito documento de cualificación de taller artesán procederase á inscrición no Rexisto Xeral de Artesanía de Galicia.
Participar en accións formativas de artesanía
Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.es.
Comisión Galega de Artesanía
A Comisión Galega da Artesanía, creada en virtude do disposto no artigo 5 da Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.
Mapa de apoios 2023
Información sobre os programas de axudas e servizos activos que ten dispoñibles esta consellería en materia de promoción económica, innovación, enerxía, industria e comercio. Inclúen tamén cales poden ser os/as beneficiarios/as e os prazos de convocatoria en 2023.
Catálogos
Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.