Favorecemos o emprendemento, achegando liquidez para o desenvolvemento das actividades empresariais, proporcionando información sobre os trámites de constitución dunha empresa, o plan de negocio, a elección da forma xurídica, as ferramentas para emprender etc.
Asesoramento para a creación de empresas
Poñemos á túa disposición o apoio integral necesario para que a túa idea empresarial poida ser levada a cabo, facendo que as iniciativas viables sexan posibles.
Como conseguir financiamento
A través da posta a disposición de préstamos e microcréditos, así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.
Tramitación para a creación de empresas
Explicámosche as distintas fases do proceso para iniciar a túa actividade empresarial e no proceso de posta en marcha.
Concellos emprendedores
A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron en outubro de 2017 un convenio de colaboración para a creación dos Concellos Emprendedores.
Mapa de apoios 2022
Información sobre os programas de axudas e servizos activos que ten dispoñibles esta consellería en materia de promoción económica, innovación, enerxía, industria forestal e comercio. Inclúen tamén cales poden ser os/as beneficiarios/as e os prazos de convocatoria en 2022.
Catálogos
Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.