RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada “Celeiro” núm. 366, situada no termo municipal de Mondoñedo na provincia de Lugo
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 25/01/2022 - 08/03/2022
Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).
As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.