ACORDO do 12 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, presentados xunto coa solicitude de prórroga da explotación de recursos mineiros da sección C) denominada La Ilusión, fracción primeira, número 5356.1.2, presentada por Porredo, S.L. e situada no termo municipal de Quiroga.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 22/02/2023 - 04/04/2023
Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita Consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/explotacions-mineiras/prorroga-la-ilusion As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.